Recoñecemento pola animación á lectura

Certificación UNESCO

Certificación UNESCO: Unesco Network of Associated Libraries”, é decir: membro da Rede de Bibliotecas UNESCO

  • CERTIFICACIÓN  UNESCO.

A Biblioteca do Concello de Verín, foi nomeada en 2011, “Unesco Network of Associated Libraries”, é decir: membro da Rede de Bibliotecas UNESCO, polo que se certifica que a nosa biblioteca cumpre todos os principios de Fomento da Lectura, Desenrolo da Cultura, Solidariedade-Voluntariado, e Cooperación con distintas entidades (Colexios, Asociacións, etc…), tal e como indican as bases da Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura, para poder adherirse a esta Rede de Bibliotecas. Este recoñecemento consideramolo unha gran honra pero tamén unha responsabilidade, porque valorouse moito o traballo levado a cabo para o Fomento da Lectura e o Traballo realizado cos/as nenos/as Voluntarios/as que prestan unha labor eloxiable para a dinamización cultural de outros/as rapaces/zas máis pequenos/as.


 

  • Distinción co galardón do «Alto Patrocinio do Parlamento Europeo. (Nov. 2016)

cartel-do-acto-web

Martin Schulz, Presidente del Parlamento Europeo, notificoulle a concesión deste galardón.

 A Biblioteca do Concello de Verín acadou en Novembro de 2016 o Alto Patrocinio do Parlamento Europeo, polo seu proxecto de Voluntariado Cultural en Xoves, galardón polo cal o Presidente do Parlamento avala un proxecto, apoiando unha iniciativa e prestando a imaxe desta institución Europea.

Este galardón concédese a un número moi determinado de entidades ao cabo do ano, (por exemplo a Capilla Real de Madrid, ou a Exposición Cidades de Europa do Concello de Tres Cantos, no noso país), onde se valora a calidade do proxecto, a súa repercusión na sociedade, a integración social e ter dimensión europea. Así mesmo tal e coma reza o pliego de condicións, prestarase unha especial atención, aspecto onde destacou o proxecto da nosa iniciativa, aqueles actos ou proxectos onde participen rapaces novos ou con destino a estes.

Ademais o Presidente do Parlamento Europeo Martin Schulz, remarca na súa carta á Biblioteca de Verín a alegría de premiar un proxecto de Voluntariado de rapaces, combinado co eido cultural e onde arenga a nosa institución a seguir na senda do Fomento da Lectura entre as novas xeracións, en post unha sociedade informada e cultivada intelectualmente.

Deste xeito o pasado 5 de Decembro, celebrouse o acto do Día Voluntariado na Biblioteca do Concello de Verín, que prestará tributo aos Voluntarios desta institución, tendo ao Parlamento Europeo coma entidade de maior rango avalando e sendo mecenas moral deste proxecto.

Imaxes: https://www.facebook.com/bibliotecadeverin/photos/pcb.1236375989773476/1236346276443114/?type=3&theater


  • Distinción co galardón do «Alto Patrocinio do Parlamento Europeo, pola actividade de contacontos e manualidades na localidade portuguesa de Cimo de Vila da Castinheira. (Maio. 2017).

cartel 17 de maioEsta actividade foi premiada co galardón do ALTO PATROCINIO DO PARLAMENTO EUROPEO,  polo mesmísimo presidente do Parlamento Europeo, o Sr. D. Antonio Tajani, quen comunicou por carta,  que: <<a organización destes actos, ilustra a nivel local, o que é precisamente a Unión Europea, un continente onde as persoas están unidas pola súa diversidade cultural, e que a promoción da literatura galega e a diversidade lingüística, é o xeito de estreitar relacións e cooperacións transfronterizas entre nenos e xoves dos dous países>>.

Carta do Presidente do Parlamento Europeo, Sr. D. Antonio Tajani (ver máis)

Imaxes: https://www.flickr.com/photos/130891676@N04/albums/72157684014544375

Vídeo da actividade (ver máis)


premio-maria-moliner

Premio María Moliner

  • PREMIO  MARÍA  MOLINER.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, foi Premiada por 6º ANO CONSECUTIVO (2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2014, 2016) no Premio María Moliner de Animación a la Lectura que organiza o Ministerio de Cultura (ver web). (no ano 2013 e 2015 non foi convocado o Premio María Moliner).

 

 


fge

MELLOR INICIATIVA DE ESPAÑA AO FOMENTO DA LECTURA 2011, según a Federación de Gremios de Editores de España.

  • MELLOR INICIATIVA DE ESPAÑA AO FOMENTO DA LECTURA 2011

A  FGEE , premia á Biblioteca de Verín como Mellor iniciativa de España ao fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011. Verín, 09 de setembro de 2011. (PDF) A Federación de Gremios de Editores de España concedeu á Biblioteca Pública Municipal de Verín o premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, polo seu traballo no ámbito do fomento á lectura e o conxunto de actividades realizadas pola mesma, entre as que se inclúen voluntariado cultural, aprendizaxe en idades temperás ou alfabetización dixital. (Ler máis)

 


Fundacion-A3

Premio da Fundación Antena 3, á Biblioteca de Verín

  • PREMIO DA FUNDACIÓN  ANTENA 3  POLA LABOR CÓS/AS VOLUNTARIOS/AS 2010.

A Fundación Antena 3  premiou á Biblioteca de Verín e os/as seus/súas Voluntarios/as pola labor de voluntariado que levaron a cabo para o fomento da lectura.    

visita-Antena-3

Imaxe da recepción e visita dos/as Voluntarios/as a Antena 3

Ver Vídeo de Susana Gato e Andrea Duro

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.