Actividade realizada xunto co Punto Información Xuvenil Concello de Verín, onde os nenos/as da ludoteca municipal acudirán durante varios días ás instalacións da Biblioteca, para realizar xogos, contar unha infinidade de contos e sobre todo coñecer as instalacións municipais.
Cea/Convivencia de Nadal dos/as Voluntarios/as. 22/12/14
Ao igual que noutras ocasións realizamos una actividad propiamente para los/as Voluntarios/as. Xuntanza na Biblioteca, e por fin, todos/as xuntos todolos/as Voluntarios/as, falaremos e compartiremos experiencias de todo o ano. En cada reunión que facemos, sempre una parella encargase de proxectar xogos nos que participaremos todos/as sen excepción. Como decimos moitas veces, non temos un “proxecto de Voluntariado”, tenemos a unhos/as rapaces/as maravillosos/as que nos están facendo vivir os mellores anos de Biblioteca. O seu traballo, constancia e interés están fora de todo proxecto.
Contacontos con Sarabela Teatro: Superhéroes (19/12/2014)
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 19 de decembro, de 18 a 18.45 horas, a iniciativa ‘Superhéroes’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776. Ao longo de 45 minutos, os/as asistentes se converterán en pequenos superhéroes que, a través dos seus poderes máxicos, axudarán a salvar o mundo. Esta actividade está incluída dentro da programación cultural e festiva no municipio para as festas de Nadal, na que tamén se atopan exposicións, concertos e iniciativas lúdicas para os/as nenos/as do municipio.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook de todas as actividades que se programan nesta instalación.
“Contos dun barco pesquero”, contacontos e manualidades (12/12/14)
Viaxaremos polo mar a bordo de barcos de pesca da man dos/as nosos/as contadores/as de contos. Sempre intentamos que os nosos contos e manualidades teñan, porque así compleméntanse mellor. A manualidade: Un móvil infantil coa figura dun barco pesquero. Duración: 1’5 horas, socios/as de 3 a 9 anos, sen pais/nais.
Contacontos na Parroquia (12/12/2014)
Una actividad distinta, donde tuvimos que preparar de una forma rápida pero ordenada 3 cuentos navideños que se presentaron en la Parroquia Santa María la Mayor de Verín con motivo del comienzo de los actos Navideños. Fue una invitación que nos realizó el nuevo párroco y donde estuvimos preparando con 3 de nuestras Voluntarias una serie de cuentos navideños.
‘Contos dos Dinosaurios’ na Biblioteca de Verín, 28/11/2014
O vindeiro venres 28 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de erín programa a iniciativa ‘Contos dos Dinosaurios’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos deste animais e como manualidade un dinosaurio -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca grande, dous rolos de papel hixiénico e un ollo-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: /actividades/2014/ContosdosDinosaurios/index.htm
Presentación do ‘Anuario Fol de Veleno nº4’, xoves 28 de novembro
A SAGA leva editando este anuario dende o ano 2011 e no mesmo teñen publicado as súas obras uns corenta autores tanto galegos como do resto do estado, ademais de investigadores de Portugal, Francia e Italia. A cabeceira Fol de Veleno sirve de medio de expresión tanto a autores de ampla traxectoria e recoñecido prestixio como a outros que empezan nesta publicación o seu percorrido no xénero do ensaio de divulgación. Todos os artigos publicados, e esta constitúe unha norma editorial, son creacións inéditas ou primeiras adaptacións á lingua galega dos traballos dalgúns autores. Fol de Veleno, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galicia, pretende ser unha contribución concorrente co esforzo colectivo orientado a poñer de manifesto a magnitude da súa cultura que a sociedade galega desenvolve actualmente. Xunto co Anuario Fol de Veleno, a oferta editorial da SAGA complétase polo de agora cas seguintes publicacións: SAGA Revista electrónica de Investigación (publicación on line), Boletín Cadernos de Campo da SAGA (publicación cuadrimestral on line), Monografías da SAGA (publicación cuadrimestral en papel), e Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega SAGA (publicación cuadrimestral en papel).
A SAGA ten editado e publicado, co seu selo, varios libros e documentais , sendo o mais recente o titulado: O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega de Rafa Quintía, que xa foi presentado o pasado ano na Biblioteca de Verín. Tamén podemos destacar a triloxía audiovisual: Construcións vexetais efémeras do val do Río Tomeza (Gafos) realizada en Pontevedra. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
———————————————————————————————————————————–
Visita do Colexio María Inmaculada de Verín, 25 e 26 de novembro
Nas dúas últimas xornadas, cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do CPR Plurilingüe María Inmaculada visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñeceron o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.
Esta visita constitúe a novena destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos cinco anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza e CEIP Princesa de España.
———————————————————————————————————————————
Contos dos bonecos travesos, contacontos e manualidades 21/11/2014
O vindeiro venres 21 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos bonecos travesos’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de misterio e como manualidade un boneco -os/as participantes deberán traer un brick pequeno de zume e dous ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: /actividades/2014/contosdosbonecostravesos/index.htm
‘Contos para os días de choiva’ na Biblioteca de Verín, 07/11/2014
O vindeiro venres 07 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos para os días de choiva’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos da chuvia e como manualidade un moucho de papel. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver imaxes: /actividades/2014/contosparaosdiasdechoiva/index.htm
Miguel Pérez Parada, gañador do terceiro concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’
A Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa, promoveu a terceira edición do concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’, co obxecto de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, que foi vencido por Miguel Pérez Parada (11 anos). Este mozo verinense, que xa se alzara coa vitoria na primeira edición deste concurso, resolveu todas as probas nun tempo de marca, tan só tres días. Como seguintes clasificados quedaron Noelia Gallego Campos, Nerea Pérez Domínguez e Lara Páez Rodríguez. O concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’,
estaba aberto a menores da comarca de Verín, do municipio de Chaves e socios/as da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos (cumpridos ou que cumpran dentro do ano 2014). No mesmo, cada participante tiña que fotografarse en tres lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial, histórica e cultural). Para descubrir cada un dos tres espazos, facilitábase unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección local da biblioteca), que conducía ao/á participante a un o varios libros en cuestión que lle indicaba o lugar exacto no que se atopa a peza ou lugar, e no que se tiña que fotografar ou recabar a información suficiente para realizar o que se lle solicitaba en cada caso. Devandito concurso, que comezou o pasado 20 de setembro, permitiu ao gañador acadar unha Tablet Samsung Galaxy Tab de 7” (patrocinado por Ordenadores Verín e o Concello de Verín), ademais os primeiros clasificados tamén recibiron un pequeno agasallo informático, de parte da concelleira de Cultura, María Corona Meixeira Romasanta, que foi a encargada de anunciar o vencedor do concurso.
Samaín 2014 (29, 30 e 31 de outubro)
– Obradoiro para a decoración de cabazas (29 e 30 de outubro, de 18 a 19.30 horas). Actividade consistente en adornar as cabazas con trazos humanos e cunha vela dentro, para que cando sexa situada na entrada da casa traia bos augurios a quen habite nela (os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa). Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de cinco participantes participantes por día -socios/as da biblioteca, empadroados/as no Concello de Verín e con idades comprendidas entre 3 e 9 anos-. Os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa pero deben levar roupa que se poida ensuciar e acudir acompañados dun adulto.
– Contacontos e manualidades relacionadas co Samain (31 de outubro, de 18 a 19.30 horas). A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de Samhain, medo, meigallos e feitizos; así como unha manualidade especial: Contos do Samain -os/as participantes deberán traer témpera líquida en cor negra, pincel, oveira de cartón (das de media ducia) e dous ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar nas dúas actividades é necesario inscribirse, a partir do luns 27 de outubro, na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/a usuarios/as poden informarse de todas as novidades tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
24 de Outubro DÍA DA BIBLIOTECA
ver imaxes: /actividades/2014/24outubro-diadabiblioteca/index.htm
‘Contos cos nosos maiores», 17-10-2014
ver fotos: /actividades/2014/Contoscosnososmaiores17-10-2014/index.htm
Visionado de la película “14Km.” e coloquio (semana del 13 al 19 de oct. de 2014)
«Culturas para compartir, Gitanos hoxe» (do 13 ao 19 de oct. de 2014)
Actividade realizada conxuntamente co departamento Plan Xitano dos Servizos Sociais do Concello de Verín. Recurso para formar ao público infantil, xove e adulto no coñecemento da historia, tradicións, cultura e a realidade actual da comunidade xitana, poñendo de manifesto o enriquecimiento recíproco entre xitanos e non xitanos. Exposición cedida pola Fundación Secretariado Gitano.
Exposición: http://www.gitanos.org/publicaciones/culturasparacompartir/
———————————————————————————————————————————–
Sarabela Teatro chega co seu ‘Conto Express’ a Biblioteca de Verín, 10/10/2014
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá o venres 10 de outubro, de 18 a 18.45 horas, a iniciativa ‘Conto Express’ de Sarabela Teatro, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A actividade está destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que deberán inscribirse previamente na propia Biblioteca verinense ou no teléfono 988-414776. Ao longo de 45 minutos, os/as asistentes verán como Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. E xa de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos. A iniciativa ‘Conto Express’ de Sarabela Teatro está incluída no programa Ler conta moito, e trátase da cuarta actividade deste programa que se realiza ao longo do ano 2014 en Verín, xa que durante o mes de agosto as instalacións municipais foron testemuñas doutras tres actividades lúdico-culturais para menores a cargo de Raquel Galavís, Xanela Ocio e Raquel Queizás.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Con esta programación, a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Ler conta moito ofrece un conxunto de actividades nas bibliotecas públicas galegas para achegar a cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraente. O desenvolvemento destas actividades de dinamización no ámbito da biblioteca reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que as bibliotecas proporcionan. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook de todas as actividades que se programan nesta instalación.
Ver imaxes: /actividades/2014/ler-conta-moito-sarabela-teatro/index.htm
Presentación do libro: “Viaxe sen retorno” de Manuel Mandianes 9/10/2014 (19:30horas)
Manuel Mandianes Castro
É doutor en Etnografía e Antropoloxía, en Ciencias Sociais e Socioloxía, e en Teoloxía. Científico titular do CSIC, dirixiu o Instituto de Estudios Sociales Avanzados (IESA) en Barcelona (1996-1999). Realizou traballos de investigación sobre temas antropolóxicos de Galicia. Publicou diversos capítulos en obras colectivas e artigos en revistas como Grial, Boletín Auriense e El Museo de Pontevedra. Foi colaborador do programa da TVG Luar, Columnista del diario El Mundo.
———————————————————————————————————————————–
“Contos do bosque”, contacontos e manualidades (03/10/2014)
Duración: 1’5 horas, socios/as de 3 a 9 años. De 18 a 19:30 horas
O vindeiro venres 03 de outubro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Bosque’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. Consistirá na realización de contacontos sobre a flora e fauna dos nosos bosques e como manualidade un elefefante -os/as participantes deberán traer un tupo de papel de cociña e unha cartolina beige oscura-. Trátase da seguna iniciativa do curso escolar, tras a ‘A Biblioteca Máxica’, que se desenvolverá na Biblioteca de Verín, e conta coa colaboración do persoal da instalación e mozos/as voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 9 anos, e que xa foron recoñecidas, durante cinco anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: actividades/2014/contosdobosque/index.htm
III Edición do Concurso: A busca do patrimonio na biblioteca
Coa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, coa colaboración do investigador e escritor BRUNO RÚA, promove o III Concurso: A busca do patrimonio na biblioteca, que se axustará ás seguintes: Bases do Concurso PDF
———————————————————————————————————————————–
«A Biblioteca Máxica», 18-09-2014
ver fotos: /actividades/2014/biblioteca-maxica/index.htm
Convivencia e entrega de diplomas aos/as Voluntarios/as da Bibliopiscina
«A Orixe», con Raquel Queizás. 15/08/2014
Durante o mesmo unha exploradora compartirá as historias que escoitou nas súas expedicións polo mundo a través da manipulación de obxectos e monicreques. Esta iniciativa, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén trouxo a Verín a Raquel Galavís e Xanela Ocio.
———————————————————————————————————————————–
O sábado 09 de agosto, o Servizo de Bibliopiscina, (nas piscinas descubertas de Verín) acollerán, ás 18 horas, a iniciativa ‘Contos ao revés’ de Xanela Ocio (no caso de condicións climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca Pública Municipal de Verín). Da man de Xanela Ocio, os/as nenos/as serán transportados a un mundo de ilusión e ledicia grazas a música dunha discoteca móbil, coa que bailarán e realizarán xogos lúdicos e educativos.
Ao longo dunha hora e vinte minutos, todos e todas gozarán dun tempo de lecer no que os soños se converterán en realidade, e no que os/as menores serán os verdadeiros protagonistas.A asociación cultural Xanela Ocio nace no ano 2012, creada por mozos/as con moitas ganas de traballar e formación en ámbitos relacionados co lecer, tempo libre e desenvolvemento social. Entre os obxectivos principais de devandita asociación atópanse: realizar actividades que fomenten o bo aproveitamento do tempo de lecer e de ocio para todos os sectores da poboación, promover o desenvolvemento intelectual dos nenos e nenas e o envellecemento activo dos nosos maiores, promover o desenvolvemento artístico, a imaxinación e a creatividade, realizar lúdicas que promovan e fomenten as tradicións populares de Galicia e realizar obradoiros para o traballo de valores, a igualdade e o respecto mutuo.
Esta iniciativa cultura e lúdica, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén traerá a Verín a Raquel Queizás.
———————————————————————————————————————————–
‘Cantacontos’ de Raquel Galavís. 02/08/2014
Na xornada do sábado 02 de agosto, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerán, ás 18 horas, a iniciativa ‘Cantacontos’ de Raquel Galavís. Os contos de Raquel Galavís levarán aos nenos/as a un mundo de fantasía para poder soñar e crecer imaxinando. As verbas mistúranse coas imaxe das ilustracións dos libros e coa música do guitarrista Mato Armada para dotar a receita dun universo propio, o universo das historias narradas, escoitadas e sentidas dende o corazón que atraparán a todos/as nenos/as participantes e lograrán que se levanten do chan para cantar e bailar animadamente.
Raquel Galavís, actriz e presentadora de televisión, conta cunha importante experiencia no sector audiovisual e publicitario, entre outros. Esta iniciativa, organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Verín e a Xunta de Galicia, enmárcase no programa ‘Ler conta moito’, que tamén traerá a Verín a Xanela Ocio e Raquel Queizás.
Servizo da ‘BiblioRúa’ 2014
Os días 23 de xullo e 4, 11 e 22 (agosto), a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volverá saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos/ás lectores/as, e incentivar a importancia da lectura tanto dos/as máis novos/as como do público en xeral.
Durante as mañás desas catro xornadas, de 11 a 13 horas, voluntarios/as desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral. Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.
“Día do Avó e da Avoa” 23/07/2014
O Concello de Verín, a través do departamento de Servizos Sociais (Área de Maiores), Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e a Biblioteca Pública Municipal de Verín
promoven, con motivo do “Día do Avó e da Avoa”, unha serie de actividades lúdico-educativas durante o día 23 de xullo.
Aínda que o propio día desta actividade é o 26 de xullo, coincidindo coa festividade de San Xoaquín e Santa Ana, en Verín adiantase a mesma ao día 23 de xullo, co obxecto de homenaxear aos avós e avoas, alicerce fundamental na institución familiar e recoñecer publicamente a importante labor social que realizan. Para celebrar esta xornada e co fin de fomentar a convivencia interxeneracional, o Concello de Verín promoverá por primeira vez esta conmemoración para a que organizará as seguintes actividades: contacontos, manualidades, xogos populares e entrega de agasallos aos avós/as por parte dos seus/súas netos/as. As mesmas desenvolveranse, durante o horario de mañá, na Ludoteca de Verán – Campamento urbano de Verín (Módulos do CEIP Amaro Refoxo).
Presentación de ‘Proxectos aldeas de Monterrei’, 18-07-2014
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle este venres 18 de xullo, a partir das 19.30 horas, a presentación do libro ‘Proxecto aldeas de Monterrei’, de Bruno Rúa Martínez.
Esta obra ten como obxectivo fundamental divulgar o patrimonio arqueolóxico e cultural, lendas, anécdotas que compilou o autor en máis de 170 aldeas desta comarca do sur de Ourense.
Bruno Rúa Martínez (Verín, 1972) é filósofo, músico e arqueólogo. Estudou filosofía en Santiago de Compostela ao tempo que formación musical en canto, participando en 11 óperas e incontables concertos de música coral e sinfónica. Non se trata da primeira obra que publica, xa que no ano 2011 tamén presentou nesta instalación municipal o libro ‘Guía Arqueolóxica do Alto Támega’, que ademais de divulgar o patrimonio da zona incorporaba un corpus lendario que rodea á maioría destes achados, acrecentando o acervo etnográfico desta zona do sur de Galicia.
———————————————————————————————————————————–
Bibliopiscina 2014
“A orixe”, de Raquel Queizás (15/08/2014). Actividad enmarcada dentro del programa “Ler contamoito” de la Xunta de Galicia y la Biblioteca de Verín, con el atractivo de que serán realizadas en la Bibliopiscina, fuera del entorno normal donde realizamos todas nuestras actividades.
Imaxes da presentación:
———————————————————————————————————————————–
“Un Conto, unha Cultura” na Biblioteca de Verín, 26/06/2014
Este xoves 26 de xuño, de 18 a 19.30 horas, terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Verín a iniciativa “Un conto, unha cultura”, promovida por este departamento así como polos Programas de Inclusión Social do Concello de Verín. Esta iniciativa está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Durante a mesma darase lectura a contos de diversas culturas, co obxecto de amosar tradicións e maneiras de vivir que non son iguais as nosas, ademais de ensinarlles
aos/ás menores participantes que, a pesar de esas diferencias, todos somos iguais. Esta actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín e dos Programas de Inclusión Social do Concello de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: actividades/2014/uncontounhacultura/index.htm
Festa fin de curso: ‘O Libro da Selva’ na Biblioteca de Verín
Mañá 19 de xuño, de 17.30 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa lúdica ‘O Libro da Selva’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada aos/ás nenos/as que participaron de modo activo e regular nas 53 actividades de fomento á lectura organizadas por esta instalación municipal ao longo do curso escolar 2013-2014 (como contacontos e manualidades, presentacións literarias e culturais, exposicións ou relatorios, entre outras). Os/As menores participantes, que recibiron unha invitación particular no seu domicilio, teñen idades comprendidas entre os 3 e 9 anos e son socios/as da Biblioteca de Verín. A iniciativa ‘O Libro da Selva’ é unha gymkana conformada por distintas probas, consistentes en manualidades, xogos e contos didácticos, coordinados por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
Ver fotos: /actividades/2014/festa-findecurso/index.htm
«A chave máxica», contacontos e manualidades, 06/06/2014
O vindeiro venres 06 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘A chave máxica’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, onde as chaves serán as protagonista á hora de abrir as portas do misterio, e como manualidade un chaveiro de goma eva onde cada neno/a seleccionará a forma do mesmo -os/as participantes deberán traer goma eva e unha anel de chaveiro-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776
fotos: /actividades/2014/contacontos-achavemaxica/index.htm
“Cuándo ver aves en Galicia», autores Antonio Sandoval Rey e Cosme Damián Romay Cousido 30/05/2014
———————————————————————————————————————————–
‘O Cempés Bailarín’, contacontos e manualidades. 23/05/2014
entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos, entre os que se atopa o que lle da nome a esta actividade “El Ciempiés Bailarín” de Begoña Ibarrola, e como manualidade un cempés -os/as participantes deberán traer unha oveira, ollos e pintura-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
O noso máis sincero agradecemento a Natalia González, do gabinete de comunicación do Concello de Verín, que foi a nosa contadora de contos aos/as nosos/as nenos/as.Moitas grazas Natalia, sempre é un pracer que estés con nós na Biblioteca!!!
Fotos do contacontos: /actividades/2014/ocempesbailarin/index.htm
Semana adicada ás Letras Galegas
Contacontos e Manulidades con motivo do Día das Letras Galegas (16/05/2014)
O venres 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades -unha bolboreta-, para o que os/as participantes deberán levar un tubo de rolo papel, cartolina, dous ollos, goma eva e témpera líquida da mesma cor que a goma. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse, a partir de hoxe luns 12 de maio, nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
O noso máis sincero agradecemento a Eduardo Atanes, que foi o noso contador de contos aos/as nosos/as nenos/as. Moitas grazas!!!
Fotos: actividades/2014/LetrasGalegas2014/pages/DSC05152.htm
«O sentir dos adentros” de Eduardo Atanes Álvarez, 15/05/2014
Ao día seguinte, 15 de maio, será a quenda para Eduardo Atanes Álvarez que falará da súa obra máis recente “O sentir dos adentros”, ademais de recitar algúns dos seus poemas. Este libro atópase publicado na editorial madrileña Liber Factory e recolle en 88 páxinas 78 poemas), e ten por obxecto a transmisión dos sentimentos dunha persoa que se define como autodidacta no ámbito literario e que busca a felicidade dentro das súas limitacións físicas.
———————————————————————————————————————————-
Presentación do libro “Economía e recursos Comarca de Monterrei: Crónicas Rexiomontanas II” de Xerardo Dasairas Valsa 14/05/2014
———————————————————————————————————————————–
23 de Abril Día Internacional do Libro
e como manualidade unha árbore dos libros -os/as participantes deberán traer un cartolina verde e tubo de rolo de papel hixiénico-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Por outra banda, tamén os/as nenos/as asistentes continuarán a decoración das “árbores dos contos”, dúas árbores que se atopan na instalación municipal, coas súas propias manualidades. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: /actividades/2014/23deabrilDiadoLibro/index.htm
“Cantos Animales”, cantacontos das profesoras Susa Herrera e Merchy Rozas 11/04/2014
Fotos: actividades/2014/cantacontos-susa-herrera/index.htm
Visita do Colexio Rural Agrupado Monterrei (8 e 9 de Abril 2014)
Cincuenta alumnos/as do Colexio Rural Agrupado Monterrei visitarán a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores coñecerán servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma.
Esta visita constitúe a novena destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.
Fotos da visita: actividades/2014/visitaCRAMonterrei/index.htm
Semana da Novela Negra na Biblioteca de Verín, do 31 de marzo ao 4 de Abril
Conferencia de Domingo Villar, venres 4 de Abril.
Crónica da SEMANA DE NOVELA NEGRA: blog «Leyendo en mi Rincón» por Noa González Sousa:
http://leyendoenmirincon.blogspot.com.es/2014/04/cronica-semana-novela-negra-en-verin.html
‘Día Internacional do Libro Infantil’, 28/04/2014
O vindeiro venres 28 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, que nesta ocasión deberán estar acompañados do pai ou nai. Consistirá na realización de contacontos e manualidades destinadas a recordar esta efeméride. Como manualidade programase un marcapáxinas en forma de gato -os/as participantes deberán traer un cartolina pequena branca, cinta de lazo e unha fotografía tamaño carné-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Por outra banda, tamén os/as nenos/as asistentes iniciarán a decoración das “árbores dos contos”, dúas árbores que se atopan na instalación municipal, coas súas propias manualidades -nesta xornada realizaranse flores cunha foto de cada neno/a participante na actividade-. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: actividades/2014/diainterlibroinfantil/index.htm
«Contos da Primavera», contacontos e manualidades 21-03-2014
Fotos da actividade de contacontos e manualidades: /actividades/2014/contosdaprimavera/index.htm
«Contos de Dragóns», contacontos e manualidades. 14-03-2014
O vindeiro venres 14 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín
programa a iniciativa ‘Contos dos Dragóns’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre estes animais fantásticos e como manualidade un dragón chino -os/as participantes deberán traer un vaso reciclable, cintas de papel de cores e unha “pajarita”-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
Fotos da actividade: actividades/2014/contosdedragons/index.htm
Encontro — Charla con Xosé Carlos Caneiro, martes 18, ás 19:30 horas (entrada libre)
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá mañá 18 de marzo, ás 19.30 horas, un encontro co escritor verinense Xosé Carlos Caneiro, que estaba previsto para a semana anterior e foi suspendido por enfermidade do autor. Neste encontro presentará a súa última novela “Las arañas en Berlín”, publicada o pasado mes de setembro, é de carácter esotérico e posúe a particularidade de pertencer a un xénero pouco transitado entre os autores galegos, posto que o fenómeno non xurdiu ata o ano 2000 en países do ámbito anglosaxón e tardaría uns anos máis en estenderse ao noso país. O argumento de “Las arañas en Berlín” céntrase na época do nazismo en Alemaña, tendo como protagonista a unha muller, Katrina Luzatto, cuxa nai foi vítima dun dos máis famosos verdugos alemáns da época: Joseph Schneider. Afeccionada á numeroloxía, esta muller decide dedicar a súa vida a encontrar os nazis que permanecían ocultos en diversos países baixo falsas identidades, para desenmascaralos e evitar a instauración do IV Reich por parte destes (unha conspiración que cre ter descuberto e coa que vive obsesionada). Os numerosos desequilibrios psicolóxicos deste complexo personaxe feminino acabarán convertendo parte da trama, a ollos dos lectores, en delirio e en ocasións farán que este dubide da veracidade dos feitos narrados. Por esta novela, cuxa acción transcorre en Alemaña, Italia e Santiago de Compostela, desfilan entre outros personaxes, algúns dos peores carniceiros da Alemaña nazi, como foron o coronel Joseph Schneider ou o tristemente famoso doutor Mengele.
Este encontro co escritor Xosé Carlos Caneiro, de carácter aberto ao público, plantexouse dentro da iniciativa do Club de Lectura da Biblioteca de Verín, que naceu fai catro anos para converterse nun estímulo para a interacción entre os/as asistentes que acoden a instalación municipal. A primeira lectura desta tempada foi o libro “Las arañas en Berlín” de Caneiro, que tamén se puxo a disposición dos membros doutros clubs de lectura de bibliotecas ou asociacións.
———————————————————————————————————————————–
«Na flor da pel», exposición sobre os pergameos. Do 10 ao 21 de marzo
A Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle do 10 ao 21 de marzo ‘Na flor da pel’, unha exposición sobre pergameos, na que colabora o Museo do Pobo Galego. A mostra ven determinada polo material, o pergameo, a pel de animal que, debidamente tratada, se utiliza como materia e scriptórea. Seguindo unha orde cronolóxica, móstrase a ampla variedade temática: bulas, documentos de compravenda, testamentos, partituras musicais, entre outros, e os diferentes formatos: desde documentos pequenos que aproveitan ao máximo o material ata a utilización completa da pel do animal. Tamén pode comprobarse como o uso de este soporte se prolonga no tempo, entre os séculos XII e XX. Devandita exposición documental, que está acompañadas por unha serie de paneis que subliñan a importancia do pergameo a través da historia, forma parte do acervo documental do Museo, conformado grazas aos depósitos e doazóns que pouco a pouco foi recibindo, sendo ao mesmo tempo unha mostra de sensibilidade dos autores desas contribucións cara ao patrimonio cultural do noso país. A mesma poderá visitarse no horario de apertura ao público da Biblioteca de Verín: de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas -de luns a venres- e de 11.30 a 13.30 horas -sábado-.
Esta exposición será inaugurada o vindeiro luns 10 de marzo, ás 19.30 horas, pola escritora e profesora Fátima Braña Rey e Francisco Luis Fariña Busto, que é o presidente da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego do que foi membro fundador ademais de académico correspondente da Real Academia da Historia e membro do Consello da Cultura Galega.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
———————————————————————————————————————————-
Contos do Entroido, MÉRCORES 26/02/2014
«Contos do Entroido», contacontos, manualidades e maquillaxe infantil o MÉRCORES 26, de 18 a 19:30 horas. Socios/as de 3 a 9 anos, inscrición obrigatoria.
Fotos: actividades/2014/contosdoentroido/index.htm
Club de Lectura, reunión 18-02-2014
Primeira reunión do Club de Lectura, na que se tratou a obra «Las arañas de Berlín» de Xosé Carlos Caneiro.
Contos en Inglés (4ªparte), sábado 22 de Febreiro
A Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a terceira actividade educativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización a instalación municipal. A mesma terá lugar o sábado 15 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas.
Durante a súa realización, os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés, ademais de actividades educativas e lúdicas -a través de cancións, recortables e xogos-. Ao igual que nas anteriores sesións, devandita iniciativa está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 6 anos, e para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
vídeo: https://www.facebook.com/photo.php?v=603146219763126&set=vb.104133986331021&type=2&theater
‘O gran lío do Polbo Orlando’. 21-02-2014
O vindeiro venres 21 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O gran lío do Polbo Orlando’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un polbo -os/as participantes deberán témpera líquida na cor que queiran, dous ollos grands e pincel-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, e para participar na mesma será necesario inscribirse nesta instalación municipal.
ver fotos: /actividades/2014/OgranliodoPolboOrlando/index.htm
No día de hoxe tivemos coma invitada, para lerlle aos/as nosos/as nenos/as a Carmen Gallego, «Ama da súa casa», brillante lectora de contos e profesional de mil e unha cousas.
Moitísimas grazas Carmen…
Contos en Inglés (3ªparte), sábado 15 de Febreiro
CONTO VIAXEIRO TRANSFRONTEIRIZO. Venres 14, de 18 a 19:00 horas.
O vindeiro venres 14 de febreiro, de 18 a 19 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a iniciativa ‘O Conto Viaxeiro Transfronteirizo’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Esta iniciativa desenvolvida polo Correo do Vento (Enrique Mauricio e Carlos Taboada) recolle a participación dos nenos e nenas de diferentes vilas, dez galegas e dez portuguesas (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra do Miño, Arbo, Xinzo, Verín, A Gudiña, A Mezquita, Viana do Castelo, Moledo, Caminha, Vila Nova da Cerveira, Paredes de Coura, Valença, Monçao, Melgaço, Arcos de Valdevez e Chaves), para así conformar entre todos unha única historia e as moitísimas variantes e bifurcacións que se poidan recoller. Os/As nenos/as construirán unha historia e os seus compoñentes, crearán personaxes, elaborarán escenarios e as tramas, e eles/as mesmos/as ilustrarán os seus contidos, guiados/as por Enrique Mauricio e Carlos Taboada, que dividirán este proceso creativo en dous eixos e tres bloques que corresponden a estrutura clásica de presentación, nó e desenlace.
Todo co obxecto de reducir esta fronteira que a veces separa, mellorando así o coñecemento mutuo entre as dúas partes e poñendo en valor o traballo nun proxecto común, é dicir, a través dun xogo esta actividade incentivará a creación literaria favorecendo un marco de cooperación transfronteiriza producíndose unha comunicación entre eles o realizar un proxecto común co que se mellorará a expresividade artística dos/as nenos/as buscando unha maridaxe entre imaxe e texto, e producindo unha mellora da cohesión social e competencial da Eurorrexión. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 50 nenos/as socios/as da instalación -con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos- será necesario inscribirse nesta instalación municipal.
ver fotos: actividades/2014/CONTOVIAXEIRO-transfronteirizo/index.htm
Club de Lectura.
Contos en Inglés (2ªparte), sábado 8 de Febreiro
Tras o éxito da primeira xornada, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promove a segunda actividade educativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma terá lugar o sábado 08 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas. Durante a súa realización, os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés, ademais de actividades educativas e lúdicas -a través de cancións, recortables e xogos-. A iniciativa ‘Contos en Inglés’ está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos, e ao igual que na de ‘Contos das Criaturas Mariñas’ para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
———————————————————————————————————————————–
‘Contos das Criaturas Mariñas’ 07/02/2014
O vindeiro venres 07 de febreiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos das Criaturas Mariñas’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un medusa -os/as participantes deberán traer un prato de cartón, témpera líquida na cor que queiras, dous ollos grandes e pincel-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín, e para participar na mesma será necesario inscribirse nesta instalación municipal. ‘Contos das Criaturas Mariñas’ será a cuarta actividade que contará, na sesión de contacontos, coa participación de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. Mentres que nas anteriores semanas participaron persoal da área de xustiza, efectivos da Policía Local de Verín e do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca de Verín.
Moitísimas grazas a: Andrea Vaccari Mackay, médica do Hospital de Verín, por vir a lerlle aos/as nenos/as na Biblioteca.
ver fotos: /actividades/2014/contosdascriaturasmarinas/index.htm
«Contos en Inglés» (1ªparte), sábado 1 de Febreiro
A Biblioteca Pública Municipal de Verín inicia, a partir deste sábado 01 de febreiro, a iniciativa ‘Contos en Inglés’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A realización desta actividade
educativa, que se programa por primeira vez na instalación verinense, ten por obxecto a aproximación á lingua inglesa dos/as menores que na mesma participen. Desenvolverase os días 01, 08, 15 e 22 de febreiro, de 11.30 a 12.10 horas. Un total de corenta minutos nos que os/as nenos/as formarán parte dunha sesión de contacontos integramente en inglés.
Esta sesión estará adaptada as idades dos/as menores, e tras a súa finalización, os/as pequenos/as realizarán diversas actividades educativas e lúdicas, a través de cancións, recortables e xogos. A mesma está destinada a un máximo de 12 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 6 anos, e para participar é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
———————————————————————————————————————————-
‘Contos dos Monstros’ na Biblioteca de Verín 31/01/14
O vindeiro venres 31 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos dos Monstros’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e como manualidade un monstro -os/as participantes deberán traer unha cartolina branca e ollos-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776
‘Contos dos Monstros’ será a terceira actividade que contará, na sesión de contacontos, coa participación de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. Se nas anteriores semanas participaron persoal da área de xustiza e efectivos do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca de Verín, nesta ocasión estará presente un membro de Forzas e Corpos de Seguridade. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
Motísimas grazas ao Policia Local do Concello de Verín, Jorge Fdez. Sueiro, que veu lerlle aos/as nosos/as nenos/as de forma totalmente desinteresada.
ver fotos: /actividades/2014/contosdemonstruos/index.htm
Conferencia e presentación de libro: “Consideracións constitucionais sobre os partidos políticos”, de José Agustín González-Ares, profesor de Dereito Constitucional e Concelleiro do Concello de Verín. 29-01-2014
Conferencia de José Agustín González-Ares, profesor de Dereito Constitucional e concelleiro en Verín, e presentación do libro “Dereito de sufraxio, réxime electoral e partidos
políticos. Da Constitución de Cádiz aos nosos días”, do que é coautor e coordinador o conferenciante Organizador: Asociación Galegade Estudos Xurídicos
Apoios: Deputación de Ourense e Concello de Verín cartel pdf
«Contos con marionetas». 24/01/2014
‘Contos con marionetas’ será a segunda actividade que contará, na sesión de contacontos, coa participación de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. Se na anterior semana participou Ángel Barrio, efectivo do Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento da Comarca de Verín, nesta ocasión estará presente persoal da área de xustiza.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook.
ver fotos: /actividades/2014/contosconmarionetas/index.htm
Contos ao carón da lareira. 16/01/2014
O vindeiro xoves 16 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos ao carón da lareira’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de historias e lendas tradicionais, e como manualidade un porquiño xa que ao día seguinte terá lugar a celebración da festividade do San Antón -os/as participantes deberán traer unha cartolina rosa, ollos, e catro pinzas de madeira para tender a roupa-. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776
Por outra banda, ‘Contos ao carón da lareira’ será o preludio da realización dunha nova iniciativa nesta instalación municipal: a lectura de contos por parte de persoal sanitario, de salvamento e seguridade pública do municipio. A mesma terá lugar durante as próximas catro semanas e nela participarán efectivos de bombeiros, policía ou medicina de Verín. Todo co obxecto de promover, ademais do fomento da lectura entre os/as máis pequenos/as e a atraer visitantes á biblioteca, a realidade profesional de cada un deles. Durante a realización do seu contacontos, para o que irán vestidos co seu uniforme laboral, explicarán as actuacións que realizan ao longo do día, a importancia do seu traballo e solventarán todas as dudas que os/as nenos/as lle plantexen.
Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook
Agradecemento para Ángel Barrio, bombeiro do parque de Verín, por vir a ler aos/as nenos/as. GRAZAS!!!
ver fotos: