Relación de algunhas das actividades levadas a cabo no ano 2012
Contos de chocolate’ na Biblioteca de Verín 21-12-2012
O vindeiro venres 21 de decembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de chocolate’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos -terán preferencia os/as menores que participen regularmente nas actividades organizadas pola Biblioteca-. Consistirá na realización de contacontos e de manualidades con chocolate, nas que os/as participantes utilizarán a súa imaxinación para converterse en pequenos/as deseñadores/as de piruletas, debuxos ou formas a partir deste doce alimento. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal
da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca http://av.centromultimedia.net/microsite/verin/biblioteca/galego/index.htm, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
ver fotos: http://bibliotecadeverin.es/actividades/2012/contoschocolate/index.htm
Videoconferencia con Papá Noel e visita á Biblioteca de Verín 19-12-2012
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín organiza o mércores 19 de decembro, ás 11 horas, unha videoconferencia con Papá Noel para os/as nenos/as do colectivo xitano de Verín. En devandita actividade, que vincula as novas tecnoloxías co Nadal e se realiza por quinto ano consecutivo, participa a Rede CeMIT de Verín (Aulas Multimedia). O remate da mesma, a Biblioteca Pública Municipal organizará unha visita dos/as nenos/as ás instalacións e a realización de manualidades e contacontos para todos/as os/as participantes, que se inclúe dentro da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
‘Contos ao carón da lareira’ na Biblioteca de Verín 14-12-2012
ver fotos: http://bibliotecadeverin.es/actividades/2012/contosaocarondalareira/index.htm
Na xornada de hoxe cincuenta alumnos/as de 1º de Primaria do Colexio María Inmaculada visitaron a Biblioteca Pública Municipal de Verín, dentro do programa de actividades organizadas ao longo do curso escolar por esta instalación. Durante a mesma, estes menores de 6 anos de idade coñeceron o servizo bibliotecario e funcionamento do mesmo -que inclúe tamén explicación de todos os espazos físicos-; así como, as diferentes actividades educativas e lúdicas que se programan ao longo do ano. Todas estas actuacións están destinadas a fomentar o interese pola lectura e cultura nos/as nenos/as, dinamizar a biblioteca, xerar o hábito de acudir a esta instalación municipal e propiciar a labor de voluntariado entre os/as usuarios/as da mesma. Esta visita constitúe a oitava destas características, organizada pola Biblioteca de Verín nos últimos catro anos, xa que en ocasións anteriores acudiron os/as alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, CEIP de Oímbra, CEIP O Castiñeiro de Laza, CEIP Princesa de España e Colexio María Inmaculada.
ver fotos: actividades/2012/visitamariainmaculada041212/index.htm
‘Contos do espantallo’ na Biblioteca de Verín (30-11-12)
O vindeiro venres 30 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do espantallo’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre esta temática, así como unha manualidade decorativa conformada por un floreiro cun espantallo. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca
Pública Municipal de Verín.
Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
fotos actividades/2012/contosdoespantallo/index.htm
“Contos dos Peixes de Cores” 23-11-12
A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre os peixes de cores, así como manualidades da mesma temática: Peixes de distintos cores, feitos con platos de cartón e pintura. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca
ver fotos: /actividades/2012/contosdospeixesdecores/index.htm
Contos de Outono 16-11-12
O vindeiro venres 16 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Outono’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre outono, así como manualidades da mesma temática: un centro de mesa adornado con froitos desta época do ano. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca
Ver fotos: /actividades/2012/contosdooutono/index.htm
O vindeiro venres 09 de novembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos de Magosto’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 25 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos e lendas, como as narradas polos/as avós/avoas ao carón da lareira, ademais de manualidades da mesma temática, elaboradas con castañas, noces e pintura tempera líquida. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
ver fotos: actividades/2012/contosdomagosto/index.htm
Oídos que no escuchan. Ojos que no quieren ver (07-11-12)
Con motivo da celebración do ‘Samhain’, máis coñecida pola súa versión anglo-americana do Halloween -do vocábulo All Hallow´s Eve (Noite de Todos os Santos)-, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín realizará, nesta nova edición, as seguintes actividades:– Obradoiro para a decoración de cabazas (29 e 30 de outubro, de 18 a 19.30 horas). Actividade consistente en adornar as cabazas con trazos humanos e cunha vela dentro, para que cando sexa situada na entrada de casa traia bos augurios a quen habite nela. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de cinco participantes por día -socios/as da biblioteca, empadroados/as no Concello de Verín e con idades comprendidas entre 3 e 10 anos-, é necesario inscribirse nas mesmas instalacións (os/as participantes non necesitan acudir coas cabazas de casa).– Contacontos e manualidades relacionados co Samhain (30 de outubro, de 18.00 a 19.30 horas).
Varios/as voluntarios/as, xunto co persoal da Biblioteca, contarán contos de medo, bruxería, meigallos e demais feitizos. Esta actividade, a que é necesario acudir disfrazado para non caer enfeitizado, está destinada a 20 socios/as da biblioteca e empadroados no Concello de Verín, que teñan entre 3 e 9 anos; e para participar na mesma deben inscribirse na Biblioteca Pública Municipal.
ver fotos Obradoiro: /actividades/2012/samain2012/luns/index.htm
fotos: actividades/2012/samain2012/mercores/index.htm
24 de Outubro «Día da Biblioteca» 24-10-2012 de 18 a 19:30 horas
ver fotos: /actividades/2012/diainternacionalbtcas/index.htm
«Contos dos Caracois», venres 11 de Outubro, de 18 a 19.30 horas
ver fotos da actividade: actividades/2012/contosdoscaracois/index.htm
‘Contos de dragóns’ 05-09-2012
‘Mar de Marionetas’ na Biblioteca de Verín (28 de setembro, de 18 a 19.30 horas)
ver Fotos actividade: actividades/2012/mardemarionetas/index.htm
O señor das dunas – sábado 22, ás 18:00 horas.
Hai moitos anos, durante unha viaxe intercontinental, un barco naufragou á altura da Costa da Morte. As correntes mariñas arrastraron a un vello bibliotecario, amante da literatura e das historias ben contadas, ata a praia de Corrubedo. Alí comezou a contar contos tradicionais, que acompañaba e enriquecía con debuxos feitos con area…
E de Corrubedo ás vilas de Galicia. O Señor das Dunas visítanos contando cinco contos populares galegos, xunto cun alumno aventaxado que ilustra sobre a area a historia que nos narra a medida que se vai relatando. Todos os asistentes recibirán un libro que recolle cinco historias para que tamén eles se convertan en fontes de coñecemento e espallen a cultura e a lingua galega aos máis pequenos. Complementariamente, na web do programa estarán ao dispor dos usuarios os Contos ao redor do microondas en versión dixital, unha iniciativa encamiñada a mellorar as técnicas de expresión oral. Todos os públicos. Duración de 50 minutos. Local pechado.
SÁBADO 22, ás 18:00 horas, SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE VERÍN
Información Biblioteca Pública do Concello de Verín
Obradoiro de Hip-Hop na Biblioteca de Verín
Do 23 de xullo ao 03 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal e a Aula CeMIT de Verín organizan un obradoiro gratuíto de Hip-Hop, destinado a 12 mozos/as da localidade e socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 10 e 16 anos.Devandito obradoiro terá lugar na aula multimedia do Concello de Verín, de 12 a 13 horas, e estará impartido por Arístides Losada Veiga, un mozo de 16 anos e voluntario da Biblioteca verinense durante os últimos cursos. No mesmo amosarase a definición de Hip-Hop, o seu significado (ritmo e poesía), orixe, desenvolvemento, actualidade e tendencia futura; así como valores e gravación das rimas (descarga da base musical, programa de gravación, retoque e montaxe).Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988-414776, a partir do luns 9 de xullo. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?v=wall
link's interesantes: http://www.youtube.com/watch?v=3wADdnL-OzY&feature=relmfu
BIBLIOPISCINA
A Biblioteca Pública Municipal de Verín, en colaboración coa Eurocidade Chaves-Verín, pon en funcionamento por cuarto ano consecutivo o servizo da Bibliopiscina, nas piscinas descubertas de A Granxa. Unha iniciativa destinada a estender os servizos bibliotecarios aos/ás usuarios/as desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual, incluíndo a realización de actividades lúdico-culturais, fóra do curso escolar. Este servizo oferta un fondo de máis de 200 volumes en tres idiomas: galego, castelán e portugués -conformado por libros, cómics e revistas, co obxecto de dar servizo a todos/as os/as lectores/as da Eurocidade Chaves-Verín-, así como diferentes xogos de mesa . Esta iniciativa estará atendida por persoal da Biblioteca de Verín e doce mozos/as voluntarios/as, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que durante o ano realizan actividades de Fomento da Lectura na instalación municipal -destinadas a nenos/as de 3 a 10 anos, e que xa foron recoñecidas, durante catro anos consecutivos, na Campaña de Animación á Lectura María Moliner, co nomeamento como Biblioteca Asociada pola UNESCO, e co premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España-. A Bibliopiscina funcionará desde o 2 de xullo ata o 9 de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas, de luns a domingo. No ano 2011 este servizo abriuse ao público máis de 200 horas e o número de préstamos realizados ascendeu a 2.000, un relevante incremento con respecto ao ano anterior, a pesar de que foi un verán climatolóxicamente adverso. Con todo, as instalacións da Biblioteca Pública Municipal tamén continuarán abertas ao público durante os meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.
Festa de Piratas na Biblioteca (22-06-2012)
VER FOTOS: /actividades/2012/festapiratas/index.htm
Celebración do Día das Letras Galegas na Biblioteca de Verín (16-05-2012)
ver fotos: /actividades/2012/letrasgalegas2012/index.htm
‘O canto dos paxaros’ na Biblioteca de Verín 11-05-2012
ver fotos: /galego/actividades/2012/Ocantodospaxaros11-05-2012/index.htm
‘Contos dende o aire’ na Biblioteca de Verín 04-05-2012
Día do Libro na Biblioteca de Verín (23-04-2012)
ver fotos: /actividades/2012/contosdaprimavera13-04-12/index.htm
Convivenza Voluntari@s da Biblioteca en Laza (04-04-2012)
O mércores 4 de abril, terá lugar unha convivencia dos rapaces/zas voluntarios/as da Biblioteca de Verín, con idades comprendidas entre os 11 e 16 anos, que acompañados do persoal da instalación realizarán unha andaina ata Laza, e con posterioridade pasarán a noite no albergue desta localidade e visitarán as instalacións da BRIF de Laza.
ver fotos da Convivenza: actividades/2012/convivenzalaza04-04-12/index.htm
2 de Abril «DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL» (30 de Marzo – 2 de Abril)
verfotosdaActividade:actividades/2012/diainterlibroinfantil/decoracionlibroinfantil/index.htm
Contos á Carta 23-03-2012
O venres 23 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a novidosa iniciativa lúdico-cultural ‘Contos á Carta’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 24 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Baixo o nome ‘Contos á Carta’ realizarase unha actividade, extrapolada dunha realizada pola Biblioteca da Escola María Villalobos de Arteaga (municipalidade de Olivar – Chile), a través de Rosita Peña, coa que comparte experiencias e iniciativas culturais á Biblioteca de Verín desde fai varios anos. Esta actividade será unha carta, similar ás de restauración, conformada por Entremeses, Primeiro Prato, Segundo Prato e Sobremesa; e que permitirá aos/ás participantes percorrer as distintas estancias da biblioteca onde se atoparán os menús -que son contos e relatos infantís- preparados e listos para escoitar. Así mesmo, terá lugar unha manualidade con cada grupo coa árbore como protagonista, ao coincidir coa semana adicada efeméride. Esta iniciativa será coordinada polo persoal da instalación e nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos.
ver fotos: actividades/2012/contosacarta/index.htm
Concurso ‘Debuxos para o cartel do Día do Libro’ en Verín (Bases PDF)
MODIFICACIÓN NA DATA DE ENTREGA: MÉRCORES 11/04/2012, NOVA DATA LÍMITE
Coa finalidade promocionar o Día Internacional do Libro, as librerías de Verín conxuntamente coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín, convocan un concurso de debuxos para o cartel do Día Libro (23 de Abril).
O mesmo, que se promocionará ese día en Verín, axustarase as seguintes bases:
1. CONCURSANTES.- Poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, de infantil, primaria e secundaria.
2. SELECCIÓN DOS TRABALLOS.- Cada participante poderá enviar un traballo como máximo á selección. Cada traballo irá asinado cun lema; no interior dun sobre á parte, que presentará co mesmo lema que asine o traballo, informará o/a autor/a do seu nome, apelidos, curso, centro de ensino, enderezo e teléfono, de telo. Para verificar que a súa idade, dentro do mesmo sobre introducirá unha fotocopia do DNI. O traballo enviarase ou entregarase en: Rexistro de Entrada da Casa do Concello de Verín (Praza do Concello, 1, 32600 Verín), antes das 12.00 horas do 9 de abril, MÉRCORES..
3. OBXECTIVOS E CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO.- O obxectivo do concurso é promocionar o Día do Libro e con elo promoción da lectura, así mesmo a temática do debuxo é libre, onde unicamente pídese que debe aparecer un libro como protagonista que é no 23 de abril.
4. DATAS: O concurso comezará o 16 de marzo, rematando o mesmo o día 11de abril.
5. XURADO E PREMIOS.- O xurado estará composto por un membro de cada librería, podendo delegar entre eles mesmos. O premio ao único gañador/a, da súa categoría correspondente, consistirá nun lote de 3 libros, adaptados a idade do gañador, cada libro aportado por cada unha das librerías de Verín que a continuación indicamos: Librería AZ, Librería Rincón del Libro, Librería Cortés, Librería Dixital, Librería Monterrei, Librería Pica-Pica, Librería Dasairas, Librería Papiro, Librería O Xardín.
A organización do Certame resérvase o dereito de interpretar ou modificar estas Bases, dándolle publicidade a través dos canais de comunicación do Concello de Verín.
Contos da Rana Gustavo 09-3-2012
ver fotos: /actividades/2012/ContosdaRanaGustavo09-03-12/index.htm
Visita dos escolares do Colexio Público de Oimbra 8-3-2012
ver todas as fotos: /actividades/2012/visita-colexio-oimbra-08-03-12/index.htm
Contos do Fondo do Mar na Biblioteca de Verín (02-03-2012)
O vindeiro venres 02 de marzo, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘Contos do Fondo do Mar’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas
entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos e manualidades sobre a flora e fauna mariña, coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
«As cores de Silvano». Conto adaptado, preparado e narrado por Miguel Quintas: (PDF 550KB).
Obra orixinal: «COLORES DE SILVANO» de ROBERTO ALIAGA , ALMADRABA INFANTIL Y JUVENIL (HERMES), 2009, ISBN 9788492702428
fotos da actividade: actividades/2012/contosdofondodomar-02-03-12/index.htm
———————————————————————————————————————————–
Contos do Entroido, Manualidades e Maquillaxe Infantil, (10 e 15 de Febreiro de 2012)
———————————————————————————————————————————–
Contos de Dragóns 03-02-2012
O vindeiro venres día 3 de Febreiro terá lugar unha actividade de contacontos e manualidades na iblioteca do Concello de Verín, de 18 a 19:30 horas, enmarcada dentro da programación de actuacións
destinadas ao fomento da lectura. Esta iniciativa, para nenos/as de 3 a 10 anos, consistirá realización
de contacontos e manualidades, e na mesma colaborarán os/as voluntarios/as da Biblioteca de Verín. Para participar nesta actividade, destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da Biblioteca por día, é necesario inscribirse na mesma ou no teléfono 988-414776.
ver fotos: /actividades/2012/contosdedragons/index.htm
Contos da media luniña 27-01-2012
ver fotos: actividades/2012/Contos-da-media-lunina/index.htm
‘O abZOOdario ‘ na Biblioteca de Verín 20-01-12
O vindeiro venres 20 de xaneiro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O abZOOdario’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal. A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. Consistirá na realización de contacontos sobre historias de inverno, animais, coincidindo coa semana na que se celebra San Antón, así como de manualidades coordinadas por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-414776. Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca, como no perfil da mesma en Facebook http://www.facebook.com/pages/Biblioteca-Publica-Municipal-de-Verin/104133986331021?=wall
ver fotos: actividades/2012/abZOOdario/index.htm
Concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’ (bases do concurso PDF)
Coa finalidade de divulgar o coñecemento da riqueza patrimonial da nosa comarca entre o público infantil e xuvenil, a Biblioteca Pública Municipal de Verín, grazas a participación do historiador e escritor Bruno Rúa, promove o concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’. Neste concurso poderán participar nenos/as e mozos/as da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, ambos inclusive. A inscrición será individual, podendo ser acompañado por pai/nai ou outra persoa maior de idade, a persoa que se inscribe deberá presentar ou enviar á Biblioteca os seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico -se o ten-, e concello no que está empadroado (o empadroamento servirá para que os organizadores contrasten que a súa idade lle permite concursar). O obxectivo do concurso é que a persoa que participa consiga fotografarse en sete lugares do patrimonio comarcal (dando así a coñecer a nosa riqueza patrimonial e cultural). Para descubrir cada un dos sete espazos, daráselle unha pista (imaxe ou un texto íntegro dun libro da sección Local da Biblioteca). A pista será a mesma para todos/as os/as participantes. Cada vez que resolva unha das pistas, daráselle ao concursante unha nova, até o total de sete. O/a gañador/a do concurso será o/a que consiga fotografarse con todas as pistas primeiro. O concurso comezará o 16 de xaneiro, estando o prazo de inscrición aberto ata o 31 do mesmo mes. O prazo de tempo para resolver as pistas será ata o 9 de abril, se a chegada desta data non se conseguirán resolver os sete espazos, declararase vencedor/a ao/a concursante que máis pistas teña resolto. O premio ao gañador/a consistirá na entrega de material deportivo da Selección Española de Fútbol, Lugo C.F., Celta de Vigo, Verín C.F. ou Monterrei C.F. , repartindo entre os/as participantes, ata agotar o mesmo, comezando polo vencedor.
‘Contos do Espacio ‘ na Biblioteca 13-01-2012
ver fotos actividades/2012/contos-espacio-13-01-12/index.htm