A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín atópase ubicada no centro da vila, no antigo colexio Irmans La Salle. É un edificio que non deixa indiferente a ninguén e hoxe é un centro cultural con vida propia, onde acuden a diario xoves, nenos/as e persoas maiores a estudar, ler ou navegar por internet.
A Biblioteca está distribuida en dúas plantas e diferentes salas; na planta inferior está adicada aos temas multimedia, e contamos con dúas salas de ordenadores con conexión a Internet, completamente gratuito.
A primeira das salas de ordenadores está pensada para o libre acceso dos/as socios/as a Internet, sendo necesario solicitar autorización para o seu uso, (usario e contrasinal que cambian diariamente para cada socio/a)
A segunda sala de ordenadores ten coma destino a impartición de cursos (asociacións ou colectivos que a soliciten) ou para a realización de traballos polos/as rapaces/zas que acuden a diario á biblioteca.Toda a Biblioteca é unha zoa wifi , onde acuden os/as usuarios/as, cos seus portátiles e conéctanse a Internet, incluso dende os bancos situados no exterior da Biblioteca, cando o tempo acompaña.
A parte superior da Biblioteca é a zona máis tradicional, onde temos diferentes salas de estudo, lectura e sala infantil, sala de prensa e a sala de reunións, traballos en grupos ou a sala do club de lectura.
Contamos cunha sala de estudo con capacidade para 35 ususarios/as, e varias salas de consulta-estudo con capacidade para uns 40 ou 50 usuarios/as.
Diariamente acuden multitud de usuarios/as a ler a prensa, este é outro dos servizos que oferta a biblioteca de xeito gratuito.
A sala infantil cumple varias funcións, sendo o lugar onde a diario veñen os/as máis cativos/as a facer os deberes ou a buscar libros para levar en préstamo, así coma o lugar onde realizamos os contacontos e manualidades.
O Catálogo da Biblioteca está clasificado en base á CDU (clasificación decimal universal), salvo a novela, teatro e poesía).
Temos unha sala infantil con clasificación CDU e tamén por idades, de 0 a 3 anos (BEBETECA), de 4 a 12 e logo Xuvenil. É nesta sala onde celebramos as actividades infantís, contacontos, manualidades, teatro, etc…