Os vindeiros 27 e 28 de xaneiro celebraremos as xornadas de Novela Negra, que xa van pola súa V Edición, organizadas pola Biblioteca de Verín e que serán coordinadas e dirixidas polo xuíz e escritor Vázquez Taín.
Nesta V Edición levan por título “Back in Black”, que vén a indicar que estamos de volta ao negro pero cunha vinculación ao mundo da música, dado que varios dos autores que participan ao mesmo tempo teñen ou tiveron unha grande relación coa música de xeito profesional ou nas súas obras literarias.
As xornadas seguirán a mesma línea de edicións anteriores onde xuntaremos a escritores e escritoras deste xénero literario e así mesmo aos profesionais que normalmente aparecen como protagonistas, e deste xeito contaremos:
Escritores/as: Sara Vila, autora da premiada obra “Oito días sen Eva Cortes”, o escritor Pedro Feijoo, autor entre outras obras “Lume Azul” e os “Fillos do mar”, o escritor vasco Mikel Santiago, autor da que está a ser súper ventas (trioloxía Illumbe) “El mentiroso”, “En plena noche” e “Entre los muertos”, e por último o escritor de Vilardevós Xoán Tallón autor dos afamados libros “Rewind” e “Obra maestra”.
Relatores/as do mundo profesional: Jose Luis Ferreiro Novoa, Sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial, Mª Berta Rodríguez Mtnez. Médica Forense – Sub. Dtra. Inst. Médico Legal Galicia, o noso forense e colaborador habitual da Biblioteca Fernando Serrulla, o verinés Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía, Miguel Losada, outro colaborador da Biblioteca que estará na labor de dirixir asa mesas de debate; e por último o coordinador das xornadas o Xuíz Vázquez Taín.
Ao igual que nas edicións pasadas as conferencias serán presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín, buscando dar maior participación e visualización do proxecto, que nesta ocasión correrán ao cargo de Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco. Tamén presentarán aos autores/as Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García.
Para remate de toda esta festa literaria teremos un concerto de rock no pub Revólver onde xuntaranse os escritores/músicos Pedro Feijoo e Mikel Santiago, que os acompañará na batería Roberto González profesor de música e tamén colaborador da Biblioteca de Verín.
As V Xornadas de Novela Negra estarán adicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca do Concello de Verín que faleceu recentemente.