Un barco cheo de contos, contacontos e manualidades

23/02/2024 to 23/02/2024 18:00 - 19:30

O vindeiro venres 23 de FEBREIRO, de 18h a 19:30h, dentro do conxunto de iniciativas dirixidas ao fomento á lectura, teremos a actividade de contacontos e manualidades que leva por título «Un barco cheo de contos», onde percorreremos mares coas piratas máis temidas;  e avós que viaxan polo mundo xunto dos seus netos e netas grazas á maxia libros.

A presente actividade está dirixida aos socios e socias máis cativos/as (de 3 a 9 anos) sendo obrigatoria a súa inscrición a partir do luns 19 de febreiro ás 10h.

Actividade coordinada polos rapaces/zas voluntarios e voluntarias da Biblioteca e o persoal da mesma.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.