O vindeiro 14 de Abril ás 19:30h. teremos o pracer de ter a presentación do novo traballo de Emilio Rúa, «Lendas no Camiño».
Senopse: Libro disco editado por Zinemusik Ediociones.Contempla 36 lendas galegas feitas en 36 novas cancións por Emilio Rúa.
Estas Lendas forman parte do acervo cultural galego pero sobre todo e o máis salientable e importante é que son un valor da tradición oral.
Falan de moitos e diversos puntos xeográficos polos que trascorren os diversos camiños cara Santiago e sitúan os seus textos en puntos concretos de Galicia sendo un claro exemplo de dinamización cultural e do noso patrimonio.
Amosan elementos como castros, castelos, cruceiros, igrexas, mosteiros, penedas e personaxes coma mouros e mouras, santos, santas, xente común de aldeas, etc…
Un libro disco no que destacan a toponimia, a simboloxía e as crenzas.
+ info Emilio Rúa: http://www.emiliorua.com/index.html