Presentación do libro: «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos», de Roberto Mera Covas.

14/12/2022 19:30 - 20:30

O vindeiro mércores 14 de Decembro teremos o pracer de ter a presentación do libro: «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos», de Roberto Mera Covas, editorial Belagua, Premio Antón Losada Diéguez de Investigación 2022.

SINOPSE

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Ser­vicio de Evacuación de Refugiados Españoles, Alejandro Via­na organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Roberto Mera Covas (Ponteareas, 1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santia­go de Compostela. É avogado e politicólogo.

+ info: https://gl.wikipedia.org/wiki/Roberto_Mera

https://belaguaediciones.com/inicio/86-alejandro-viana-un-galego-a-fronte-do-rescate-dos-refuxiados-republicanos.html

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.