Presentación do libro: «Adolescente utopía», de Maria Luz Pascual

20/09/2024 to 20/09/2024 19:30 - 21:00

O vindeiro xoves 20 de setembro, teremos a presentación da obra «Adolescente utopía» que é un conxunto de relatos breves, da autora de Vilardecervos María Luz Pascual.

María Luz Pascual Gallego, alma creativa e apaixonada das telenovelas, moi curiosa xa desde pequena, inventando historias a través da súa amiga imaxinaria Lily con 15 anos publica un texto para presentar a un concurso e a partir de aí, escribir forma parte do seu día a día chegando a publicar en 2022 a súa primeiro obra: Adolescente Utopía onde se mostra unha gran parte do seu mozo e sensato corazón.

A inspiración pode chegar en calquera momento durante unha comida familiar, en rozagantes noites de verán ou, en instantes de aburrimento de maneira autodidacta desde o ser e o sentir.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.