Presentación do libro: «A soidade do inquisidor» de Alberte Blanco Casal

20/06/2024 to 20/06/2024 19:30 - 21:00

O vindeiro xoves 20 de xuño, ás 19:30h no Salón de Actos, teremos a presentación da nova novela de Alberte Blanco Casal «A soidade do inquisidor», editorial Xerais 2024. Na mesma, ademais do autor, participarán o Tenente de Alcalde do Concello de Verín Diego Lourenzo; Juan Guerra López, profesor de historia do IES «Xesús Taboada Chivite»; Nieves Amado Rolán, historiadora e arqueóloga, membro do Consello da Cultura Galega; e un representante da editorial Xerais aínda por indicar.

Sinopse: Condado de Monterrei, último terzo do século XVI. Rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela. O licenciado Xoán de Freixedo seráo encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán e iniciar a pescuda para aclarar a natureza dos rumores. O procedemento enseguida se veráalterado pola aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en estrañas circunstancias. Novos e intrigantes datos fan que a pescuda cobre un novo rumbo co traslado a Monterrei do intransixenteinquisidorDiego de la Cantera. A suposta implicación dalgún frade do Colexio dos Xesuítasnas prácticas heréticas que intenta dilucidar a enquisa inquisitorial fará intervir á ilustrada condesa dona Inés de Velasco para poñer orde no seu condado e saír na defensa da orde ignaciana, a súa protexida. Pero a tribulación da casa condal non fará máis que aumentar co secuestro do curmán da condesa por unha banda aliada de don Antonio, o Prior do Crato,o rebelde contrario á anexión por Filipe II do reino portugués. Para garantir o control da situación a condesa ordena aos seus xustizas que investiguen as mortes en colaboración cos inquisidores, participando o seu sobriño Xerome na complexa pescuda do secuestro e dos crimes das mulleres. O progreso da pescuda inquisitorial vai tecendo unha estraña conexión entre as accións guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebía ambulante, o colexio xesuíta e unha confraría pagá practicante de antigos ritos. A trama e desenlace desta novelanegra con fondo históricoseduciráaos lectores e lectoras polo seu trepidante ritmo e unha narrativa que os mergullará nunha intrigante atmosfera atravesada pola transgresión,a intolerancia e a liberación.

Alberte Blanco Casal (Cobres-Vilaboa, Pontevedra, 1951),escritor,enxeñeiro e profesor xubilado de ensino secundario. Colabora coa revista Griale a publicación periódica do Fórum Galaico Transmontano de Chaves(Portugal). Foi columnista do xornal Nós Diario ata xaneiro de 2024, seguindo como colaborador. En calidade de Director Xeral de Montes participou na obra colectiva Os incendios forestais en Galicia(2006), editada polo Consello da Cultura Galega. Arcadia.Os gardiáns do segredo (Círculo Rojo, 2013) foi a súa primeira novela. En 2015 a Deputación de Ourense publicou a súa obra de investigación O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a Ourense. Aproximación histórica ao período 1840-1930. En 2017 publicou O Códice esmeralda (Xerais), finalista do Premio Xerais de novela en 2015. Tamén en 2017, Sermos Galiza edita a obra colectiva O monte galego. Caos ou aproveitamento multifuncional? na que participa como relator e coordinador. En 2019 publica Memorias da brétema (Círculo Rojo), un libro de investigación histórica, crónicas e memorias de infancia e adolescencia.Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo (Xerais, 2021) é a súa primeira obra na colección Crónica. En 2023 o Servizo de Patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra edita a obra Diario de José Casal  na que participa como relator. Participa en 2024 nunha obra colectiva sobre o 150 aniversario do camiño de ferro en Galicia, promovida pola Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril. A soidade do inquisidor (Xerais, 2024) é a súa terceira novela.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.