A Biblioteca do Concello de Verín acolle ata o mes de xullo, a exposición «Camiñando con Ramón Sanfiz, coñecemos a Francisco Fdez. del Riego», realizada polo IES Castelado de Vigo e a Secretaría Política Linguística da Xunta de Galicia.
Son 10 carteis e unha unidade didáctica, que marcan dez paradas na vida de D. Paco Fernández del Riego, dende o primeiro «O berce de Del Riego», pasando polos anos de «Formación», «Os difíciles anos da guerra», «Vigo. Un lugar aquelado», «A relación co exilio e o motor de Galaxia», «O seu incansable labor na Real Academia Galega», «A Fundación Penzol e máis», «Os derradeiros anos», «A obra de don Paco» e por último «#dixeronDel».
A presente exposición vén a complementar o conxunto de actividades levadas a cabo pola Biblioteca do Concello de Verín ao redor de D. Francisco Fernández del Riego homenaxeado no presente 2023 nas Letras Galegas.
+ info: Ver conferencia «Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023», impartida por Quico Domínguez e María Dolores Cabrera, padroeiros da Fundación Fermín Penzol. Senopse conferencia: «Francisco Fernández del Riego: Galicia no corazón. Letras Galegas 2023»: Percorrido sobre a figura insigne de D. Paco como escritor, intelectual e galeguista, aglutinador da cultura galega ao redor da Fundación Penzol e a Editorial Galaxia.