Roberto Castro e Ana García Novoa, nun contacontos na sala infantil da Biblioteca de Verín no ano 2014.
O vindeiro venres 21 de Abril, de 18:00h. a 19:30h., teremos a actividade de fomento á lectura celebrando o Día do Libro (23 de abril), destinada aos socios e socias máis cativos/as de 3 a 9 anos. Na presente,teremos un contaconto e unha manualide ben chula e toda a actividade estará dirixida e coordinada polos voluntarios e voluntarias da Biblioteca de Verín e o persoal da mesma.