O vindeiro venres 19 de Abril, unhos días antes do propio DÍA do LIBRO, teremos unha sesión de contacontos e manualidades xunto coas socias e socios máis pequenos (de 3 a 9 anos). Esta será unha actividade moi especial porque é a conmemoración cada 23 de abril a nivel mundial co obxectivo de fomentar a lectura, proxecto no que estamos inmersos dende sempre. Así deste xeito, xunto as nosas Voluntarias/os realizaremos unha manualidade ben chula, e contaremos unha boa chea de contos da nosa sección de Educar nas Emocións.
Inscrición obrigatoria a partir do luns 15 ás 10h.