O vindeiro venres 19 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» teremos a actuación de Paco Nogueiras e a presentación do seu libro disco «Brinca Vai! De aquí a acolá», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.
Actividade na que colabora a Rede de Bibliotecas de Galicia no Programa Ler Conta Moito.
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.