VI XORNADAS NOVELA NEGRA “FICHA 342”

25/01/2024 to 27/01/2024 12:00 - 21:00

VI XORNADAS NOVELA NEGRA: “FICHA 342”

25, 26 e 27 Xaneiro 2024

Os vindeiros días 25, 26 y 27 de Xaneiro, a vila de Verín estará cuberta de intrigas, espionaxe, crimes e misterio.

Teremos unha nova edición das Xornadas de Novela Negra, que xa van pola súa sexta edición e que levan por título “FICHA 342”, e deste xeito comezamos cunha intriga.

Unha vez máis as Xornadas de Novela Negra da Biblioteca de Verín misturarán a realidade coa ficción. Deste xeito contaremos con especialistas reais que normalmente aparecen neste xénero literario como: Iñaki Sanjuán, Inspector Xefe da Policía Nacional, Servicios de Información, responsable da sección terrorismo internacional, Fernando Serrulla, Médico Forense – Antropólogo Forense, responsable da Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, Mikel Lejarza axente do SECED/CNI tamén coñecido por “Lobo” no operativo antiterrorista dos servizos de intelixencia españois infiltrado na cúpula dirixente desta rama de ETA durante a década de 1970, desarticulando desde dentro a cúpula do grupo, e Fernando Rueda xornalista de investigación que escribiu a biografía de Mikel Lejarza e do libro que cumpre 30 anos que foi o primeiro libro que se escribía sobre os misterios do entonces CESID, agora CNI.

Por outra banda estarán as profesionais da escrita como María Solar, presentando a súa actual novela “A culpa”, Premio Xerais 2022 e Pedro Feijoo, presentando a súa novela “Ninguén contará a verdade”, Premio Xerais 2023.

Así mesmo contaremos co Ex Comisario de Vilagarcía Enrique León Calviño, que presentará a Iñaki Sanjuán e como non, co Xuiz Vázquez Taín na coordinación das VI Xornadas de Novela Negra: FICHA 342.

Tamén estarán as voluntarias da Biblioteca municipal que presentarán o evento, este ano recaeu a responsabilidade en Lara Páez, (19 anos e voluntaria da Biblioteca dende fai 11 anos), Sara Blanco (12 anos e voluntaria dende fai 3 anos) e a última incorporación á familia das/os voluntarias/os da Biblioteca, Diny Blanco (8 anos e un ano como voluntaria). Así mesmo presentarán brevemente aos ponentes as voluntarias da Biblioteca: Lorena Carnero ao inspector xefe Iñaki Sanjuán, Esther Vaz á escritora María Solar e Noelia Gallego a Mikel Lejarza e Fernando Rueda.

O evento será gratuito e terá lugar no Auditorio de Verín, salvo o visionado da película “El Lobo” que será no Salón de Actos.

Así mesmo premiaremos con libros especialmente adicados polos/as autores/as participantes nas presentes xornadas, a tódolos/as que se fagan a #FICHA342, que consistirá en facerse unha fotografía, na nosa particular ficha biblio/policial e que suban ás redes compartindo coa @bibliotecadeverin e cos autores/as das xornadas, tanto en Facebook, Instagram e Twitter (según teñan os/as autores/as) co hashtag #FICHA342. Os/as que máis “likes” consigan e que sexa máis “compartidos en redes” serán os/as 5 vencedores/as e levarán como agasallo os citados libros dos/as autores/as.

Toda a información das VI Xornadas de Novela Negra: FICHA 342, está na web creada ex profeso https://novelanegra.bibliotecadeverin.es/ e nas redes sociais da Biblioteca do Concello de Verín.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.