O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo, con Raquel Queizás.

12/08/2022 to 12/08/2022 20:00 - 21:00

O vindeiro venres 12 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» teremos a actuación de Raquel Queizás «O Eco das Pedras», na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h.

Actividade na que colabora a Rede de Bibliotecas de Galicia no Programa Ler Conta Moito.

Sinopse O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo: En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar.

  • Quick Contact

    Biblioteca Pública Municipal de Verín

    Avda. Portugal, 11 Verín , Galicia 32600 España
    Tel: 988413624 / biblioteca@verin.gal

© 2015_B.P.M. de Verín, Todolos dereitos reservados.